TESE DE DOUTORAMENTO

Lectura e defensa de dúas teses de doutoramento dentro do Grupo de Investigación en Xerontoloxía.

Baixo o título "Características sociosanitarias asociadas al envejecimiento: factores predictores y de riesgo" dirixido polos Dr. José Carlos Millán Calenti e Ana Maseda Rodríguez, a doutoranda Alba Sánchez Fernández defendeu brillantemente a súa tese de doutoramento internacional, pola que o tribunal formado polos Drs. José M. Ribera Casado (Presidente), Anne Sophie Rigaud (Vocal), Javier Yanguas (Vocal), José M. Cancela (Vocal) e Isabel González-Abraldes (Secretaria) se lle concedeu a máxima cualificación: "Sobresaínte"
Tesis doctoral Alba Sanchez Fernandez
Por outro lado e baixo o título "Prevalencia dos síntomas psicolóxicos e condutuais asociados ao envellecemento centro de día vs. residencia", tamén dirixido polos doutores José Carlos Millán Calenti e Ana Maseda Rodríguez, a doutoranda Helena Agrafojo Nieto obtivo a cualificación de "Sobresaínte". Neste caso o xurado estivo formado polos Drs. José M. Ribera Casado (Presidente), Onésimo Juncos (Vocal), Javier Yanguas (Vocal), José M. Cancela (Vocal) e Isabel González-Abraldes (Secretaria).
Parabéns aos novos doutores!.
Tesis doctoral Helena Agrafojo Nieto

 

 

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. OK
Pode cambiar a configuración ou obter máis información sobre a nosa política de cookies no noso aviso legal