PROXECTOS   - PÁXINA EN PROCESO DE TRADUCIÓN -

 

2012-2014 • ALEARN (Active Ageing Learning Community)

- Entidade financeira:

- Entidades participantes:

- Orzamento: 399.199 € (72.440 € la UDC)

- Resumo:

Na actualidade, o avellentamento é un feito que afecta seriamente a Europa, aínda que o reto real ao que nos enfrontamos non é o avellentamento en si, senón ao como envellecer dunha forma activa de maneira que ese avellentamento se vexa máis como un beneficio que como unha carga para as persoas, comunidades e gobernos. Segundo os datos da Comunidade Europea, a meirande parte da poboación maior de 60 anos segue un tipo de vida sedentaria, o cal implica un aumento das enfermidades crónicas, problemas psicolóxicos e un descenso da vitalidade, as relacións sociais e a aprendizaxe. Ademais, o baixo uso e acceso ás comunicacións a través de Internet aumenta aínda máis o seu illamento social.

O obxectivo principal deste proxecto é o desenvolvemento dunha Comunidade de Aprendizaxe sobre Avellentamento Activo na cal as persoas maiores de 60 anos aprendan como envellecer dunha maneira activa, en termos de saúde, capacidades físicas e cognitivas, comunicación social e solidariedade interxeracional, e todo co apoio de persoas de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Os temas a tratar nesta aprendizaxe inclúen Autocoidado da saúde, Novas Tecnoloxías para as Redes Sociais e o Voluntariado Interxeracional. Os obxectivos perseguidos son:

1.- Ofrecer LLL (Aprendizaxe ao Longo da Vida) en relación co avellentamento activo tanto aos grupos de máis de 60 anos como aos comprendidos entre 16 e 35 anos. Esta aprendizaxe referirase ás necesidades de preparación para un avellentamento positivo desde os primeiros anos e no transcurso da súa vida.

2.- Que adquiran habilidades que lles axuden a controlar a súa saúde e así poder levar unha vida independente en idades avanzadas a través da prevención de enfermidades, actividade física e cognitiva, e unha nutrición saudable. Estas pautas mellorarán a súa autoestima e calidade de vida e lles manterá activos na sociedade durante máis tempo. Aprenderán a depender máis deles mesmos en lugar de institucións e familiares.

3.- As persoas maiores de 60 anos terán acceso a Internet, adquirirán e practicarán habilidades nas Novas Tecnoloxías que lles axudarán a mellorar as súas relacións sociais a través da rede.

4.- Ambos grupos diana adquirirán tamén habilidades no campo do voluntariado, grazas ao traballo e apoio en grupo.

5.- E finalmente, terán unha oportunidade de reconsiderar os seus estilos de vida, entender os beneficios dun avellentamento activo e adoptar formas de vida máis activa que lles axuden a enfrontarse cos retos demográficos do avellentamento en Europa.

- Documentación:

- Díptico informativo

- Presentación do proxecto

2011-2013 • ENVEJECIMIENTO+ACTIVO (Novas prácticas institucionais, de base transfronteriza, sobre avellentamento activo)

- Área geográfica de intervención:

Las actividades del proyecto Envejecimiento + Activo se han desarrollado dentro del territorio elegible del programa POCTEP 2011-2013, concretamente en el área geográfica de cooperación: Galicia-Norte de Portugal.

- Objetivos:

El objetivo general del proyecto es promover la planificación y utilización conjunta de equipamientos, programas y servicios sociales innovadores, a nivel transfronterizo (Galicia y Norte de Portugal), para la detección precoz de futuras necesidades de dependencia en las personas mayores y la promoción del envejecimiento activo y saludable. Este objetivo general se divide en diversos objetivos específicos que se detallan a continuación:

Objetivo 1. Capitalizar, transferir y difundir a nivel transfronterizo, y por lo tanto con mayor dimensión, aquellas buenas prácticas y avances innovadores en: detección precoz de la dependencia, solidaridad intergeneracional o envejecimiento activo, que afecten al ámbito geográfico del proyecto y ampliando, además, el análisis a nivel estatal, transnacional y europeo.

Objetivo 2. Avanzar en la prevención y detección precoz de la dependencia, a través de una mayor cooperación transfronteriza: interdepartamental e institucional, y de la innovación en protocolos y ámbitos de acción.

Objetivo 3. Desarrollar nuevas herramientas tecnológicas y servicios transfronterizos para la atención personal de las personas mayores.

Objetivo 4. Promover los valores del envejecimiento, a nivel transfronterizo.

- Acciones:

Las principales acciones a desarrollar por los diferentes socios serán las siguientes:

1. Comité transfronterizo de expertos en prevención y detección de la dependencia.

2. Promoción de soluciones innovadoras para hábitos de vida saludables.

3. Experiencias piloto sobre atención a la dependencia y autonomía personal.

- Resultados:

Los principales resultados que se pretenden conseguir se detallan a continuación:

1. Promoción de buenas prácticas en detección precoz de la dependencia.

2. Experimentación de nuevas tecnologías para la atención a personas mayores y en concreto la TELEGERONTOLOGÍA®.

3. Mayor eficacia en la gestión de recursos mediante una nueva estructura institucional de cooperación transfronteriza.

- Socios beneficiarios:

- Xunta de Galicia.

- Consellería de Traballo e Benestar.

- Secretaría Xeral de Política Social.

- Universidade da Coruña.

- Asociación Provincial de Pensionistas y Jubilados (U.D.P.) de A Coruña.

- Asociación Amicos.

- Centro Distrital de Segurança Social de Viana do Castelo do ISS, IP.

- Santa Casa da Misericórdia de Arcos de Valdevez (SCMAV).

- Serviços de Acçâo Social da Universidade do Minho.

2008-2012 • COMPANIONABLE (Integrated Cognitive Assistive & Domotic Companion Robotic Systems for Ability & Security)

- Resumo:

O número de persoas que sofren deterioro cognitivo en Europa aumenta debido ao avellentamento progresivo da poboación e ás patoloxías asociadas ao avellentamento, como por exemplo a enfermidade de Alzheimer (EA) ou a depresión. Isto implica a existencia dunha presión socioeconómica no sentido de permanecer no domicilio propio durante o maior tempo posible. Sen embargo, tanto as persoas con depresión como con Alzhéimer sofren trastornos de memoria e función executiva así como falta de motivación e auto-estima, o cal reduce as habilidades de aprendizaxe e induce a un menor contacto co entorno, unha incapacidade á hora de realizar actividades da vida diaria e unha perda de autonomía. Estas persoas necesitan o apoio de coidadores e están en risco de exclusión social. Este feito, unido á carga que implica para os familiares que se encargan do seu coidado, representa un novo reto para a inclusión social que aínda non foi ben asumido polas TIC.

Os maiores teñen unha crecente necesidade de axuda no fogar por parte da súa familia e de coidadores profesionais. Os coidadores familiares séntense impotentes para axudar e apoiar ao seu familiar, polo que padecen unha pesada carga. Tanto o coidado do paciente coma do coidador implica unha redución na calidade de vida e cada vez necesita de máis apoios. Sen embargo, o número de coidadores profesionais e non-profesionais a domicilio non aumentará en proporción ao aumento do número de persoas maiores. Os coidadores familiares sofren unha pesada carga psicolóxica, social e financeira. Tanto aos coidadores familiares como aos profesionais faltaranlles apoios, así como tamén coñecementos, formación, consellos adecuados e capacitación no coidado de persoas con algunha dependencia. As sesións de adestramento son difíciles de implementar para coidadores familiares e profesionais debido ao seu alto custo.

Máis aínda, débense ter en conta os sentimentos persoais, gustos/aversións da xente maior. Con este obxectivo, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS-IMSERSO) realizou un estudo para delimitar as preferencias das persoas maiores en canto a permanecer nas súas casas ou ser coidadas nunha residencia. Este estudo mostra que máis do 70% dos entrevistados prefiren permanecer nos seus fogares, evitando as residencias o maior tempo posible. Ademais, aínda en caso de necesitar axuda, seguen preferindo quedarse nas súas casas adaptándoas ás súas necesidades. O mesmo estudo mostra que dependendo da idade dos entrevistados, para máis do 80% da xente maior de 65 anos, a opción preferida é o seu fogar antes que as residencias.

- CompanionAble:

O Proxecto CompanionAble enfoca a inclusión social e temas de coidado no fogar da poboación maior con dependencia que sofre deterioro cognitivo crónico, prevalente entre a xente maior. O Consorcio centrará os seus esforzos nas persoas receptoras de axuda con deterioro cognitivo leve (DCL), no sentido de frear o progreso do mesmo e tamén naquelas persoas maiores e con discapacidade cun risco potencial de sufrir DCL que curse en demencia, co obxectivo da prevención.

As persoas cun deterioro moi avanzado, que xa non son conscientes do que lles ocorre, están excluídos de forma explícita da poboación diana, debido principalmente a razóns éticas e riscos que non poden estimarse de forma fiable. Ademais, xeralmente, as persoas cun alto grado de deterioro xa non viven nas súas casas por diversas razóns, empezando polo risco de provocar accidentes (p.e. esquecerse de apagar o forno) e acabando pola gran necesidade de estar as 24 horas baixo supervisión directa. Polo tanto, o noso principal obxectivo de permitir á xente o permanecer nos seus fogares durante o maior tempo posible non é válido para este colectivo, pero si para o grupo anteriormente descrito.

Unha característica única do Proxecto CompanionAble reside na combinación sinérxica do potencial dun acompañante humanoide robótico móbil nunha casa domótica. Ten as vantaxes dun fogar intelixente fixo, dado que nos escenarios típicos de coidado o uso exclusivo dun robot móbil por un lado, ou unha casa intelixente polo outro, non poden levar a cabo todas as tarefas que se demandan. Os efectos positivos de ambas solucións individuais combinaranse para demostrar cómo as sinerxías entre a solución dunha casa intelixente e un acompañante humanoide robótico móbil poden lograr unha mellora significativa na interacción do coidador e a persoa receptora do coidado co sistema de axuda, xa que se espera que a suma de ambos aspectos sexa maior que as súas partes. Máis aínda, a combinación da mobilidade do robot e as formas de interacción adaptadas ao usuario (p.e. por recoñecemento cognitivo), aportaralle máis beneficios á persoa maior a través da súa estimulación cognitiva, e a flexibilidade de poder ofrecer estimulación cognitiva en calquera zona da casa constituirá un beneficio e impacto importantes para a persoa que sofre soidade. CompanionAble complementa ao fogar domótico grazas á súa capacidade de realizar un seguimento continuo e integrado para detectar situacións de emerxencia.

Comenzamos por establecer os requirimentos técnicos para facilitar o coidado a través das TICs e a xestión terapéutica, determinando as tecnoloxías capacitantes para a observación multi-modal de usuario e a interacción humano-robot que proporcionará os fundamentos para o desenvolvemento dun sistema fixo, fogar intelixente, e un sistema robot-móbil. Este apoio aos usuarios dáse grazas a actividades de investigación centradas nun marco arquitectónico, que nos permite resolver un complexo escenario de coidado. Unha vez formulado o escenario da casa intelixente e o robot, levaranse a cabo estudos experimentais para avaliar a súa eficacia. A través dos resultados obtidos, se avaliarán as debilidades e fortalezas que encontremos. Este será o punto de partida para o desenvolvemento dun concepto dun escenario completo de coidado, integrando a casa domótica e o robot para persoas con deterioro cognitivo leve, principal obxectivo do Proxecto CompanionAble.

- Socios:

- Universidade de Reading. Reino Unido.

- Universidade Técnica de Ilmenau. Alemania.

- Hospital Broca. Francia.

- GET/ Instituto Nacional de Telecomunicacións. Francia.

- Tecnalia Research & Innovation. España.

- AIT Austrian Institute of Technology GmbH. Austria.

- LEGRAND. France.

- AKG Acoustics GmbH. Austria.

- Cámara de Comercio e Industria de París CCIP (ESIEE). Francia.

- AGESIGETEL. Francia.

- Universidad d'Evry Val d'Essonne. Francia.

- METRALABS GmbH NeueTechnologien und Systeme. Alemania.

- Stichting Smart-Homes. Holanda.

- CURE. Austria.

- Universidade da Coruña. España.

- In-Ham. Bélgica.

- Fundación Instituto Xerontolóxico Matía. España.

- Verklizan B.V. Holanda.

2007-2009 • STU-RET ILC (Students-Retirees Intergenerational Learning Circles)

O avellentamento en Europa impón a necesidade dunha maior e máis atractiva oferta de programas de aprendizaxe que se correspondan coas súas necesidades de formación para un desenvolvemento persoal e autodeterminación. Ademais, as persoas maiores actualmente están máis sanas e aptas para traballar aínda despois da xubilación, pero o baixo nivel que presentan nalgunhas das competencias de Lisboa fainas incapaces de cumprir coas expectativas dunha sociedade baseada na información e polo tanto, de permanecer activos e dentro da sociedade por un período mais prolongado. Existe tamén unha falta de entendemento entre as persoas maiores e os xoves en canto aos seus valores e a cómo se poden respectar e beneficiar mutuamente (p.e. a aprendizaxe interxeracional está subestimada).

- Obxetivos:

Desenvolver un ambiente de apoio á aprendizaxe interxeracional no cal se creen cursos de aprendizaxe interxeracional entre xubilados e estudantes de forma que poidan concienciarse da súa cultura e respectar as súas diversidades; elaborar materias de formación para mellorar algunhas das competencias europeas clave, así como a actividade física e a nutrición saudable. Usar o enfoque da aprendizaxe combinado con xubilados e estudantes de maneira que poidan determinar por eles mesmos o seu ambiente formativo, xestionar o seu tempo; mellorar as competencias de ensinanza de ambos grupos diana para contribuir a unha transferencia mutua de coñecemento, habilidades e experiencias en beneficio da comunidade.

- Resultados:

Ambiente de e-learning interxeracional baseado en cursos formativos entre estudantes e xubilados, implementado por: 1. currículo interxeracional; 2. material de aprendizaxe en habilidades Sociais, Deportes Adaptados e temas de Saúde; habilidades básicas en TICs e idioma Inglés; 3. materiais de ensinanza tanto para estudantes como para xubilados; 4. documentación por equipos e países; 5. informes sobre resultados da investigación; 6. procedementos de información, calidade e avaliación; 7. sistema de e-comunicación entre socios; 8. informes de avaliación e progreso.

- Impacto:

Os grupos diana terán acceso a un ambiente atractivo de aprendizaxe ao longo da vida no cal poidan entenderse mellor e intercambiar mutuamente as súas competencias e experiencia de forma que poidan mellorar o seu crecemento persoal, auto estima e auto cumprimiento. Aprenderán a aprender co fin de mellorar as súas habilidades interpersonais, interculturais, sociais e dixitais, de comunicarse en idiomas extranxeiros, de mellorar o seu estado físico e a súa saúde de maneira que permanezan activos e socialmente integrados durante máis tempo, e así poder cumprir as expectativas dunha sociedade europea baseada na información. Ademais, estarán máis motivados para seguir mellorando o seu coñecemento e aptitudes e participar de forma máis activa na aprendizaxe ao longo da vida. Tamén tomarán conciencia da diversidade cultural europea e usarana a favor do seu desenvolvemento socio-económico e cultural.

- Socios:

Department for Language and Specialized Training. Gabrovo. Bulgaria.

Grupo de Investigación en Xerontoloxía. Universidade da Coruña. España.

Cyprus Adult Association. Cyprus.

Pirkanmaa Westcome, Adult Education Unit. Ikaalinen. Finland.

Pirkanmaa Department of the Pensioners´ Union. Mouhijärvi. Finland.

The Academy of Humanities and Economics in Lodz. Lodz. Polland.

2006-2008 • ADD-LIFE! (ADDing quality to LIFE through inter-generational learning via universities)

- Institucións participantes:

- Entidades asociadas:

- Resumo:

Ademais da economía e do mercado de traballo, a nosa sociedade civil europea non se pode permitir o luxo de perder as habilidades, competencias e experiencia das persoas maiores. O obxectivo principal do proxecto ADD-LIFE! é o de desenvolver módulos universitarios acreditados para estudantes atípicos, en especial ciudadáns maiores. O plan de estudos inclue aprendizaxe científica así como ensinanza a formadores de educadores nos temas específicos que impartirán.

- Obxectivos:

Avaliar distintos modelos de aprendizaxe inter-xeneracional, aprendizaxe conxunta de estudantes mozos e maiores, e colaboración inter-xeneracional no diseño de novos módulos.

Desenvolver oportunidades de aprendizaxe que fomenten a participación de individuos na sociedade civil europea como formadores e mentores doutros.

Deseñar 12 módulos de aprendizaxe usando distintos modelos e formulacións flexibles, realizando un estudo piloto en 6 deles.

Avaliar sistemáticamente os estudos piloto e informar sobre as accións aprendidas a partir do ensino e aprendizaxe inter-xeneracional, así como a partir do deseño conxunto; e avaliar sistemáticamente e informar das accións aprendidas sobre o papel potencial das universidades na formación de educadores nos diferentes campos do traballo voluntario e remunerado, identificando a necesidade dun maior desenvolvemento, incluíndo recomendacións concretas.

Divulgar e valorar os rendementos e produtos do proxecto entre as comunidades profesionais dentro e fóra das universidades europeas.

 

2012-2015 • AGAD-TIC (Apoyo Gerontológico A Domicilio (AGAD) a través de las Nuevas Tecnologías (TIC): Domótica y Telemedicina)

- Entidade financeira:

- Entidades participantes:

- Orzamento: 431.791,08 € (Subvención: 42.058,08 €)

- Resumo:

O obxectivo principal do proxecto AGAD-TIC é fomentar o desenvolvemento industrial no ámbito da saúde e o benestar social, concretamente no referido ás tecnoloxías de apoio ás persoas maiores que permanecen no seu domicilio. Para alcanzar este obxectivo, esta proposta pretende ampliar as funcionalidades dun produto existente no mercado (denominado Telegerontología®) para así proporcionar máis e mellores servizos no ámbito da telemedicina, telealarma, teleasistencia e telecare; así como incorporar novos dispositivos de xestión domótica.

Telegerontología® é un dispositivo que inicia o seu desenvolvemento no ano 2001. Este recurso de apoio xerontolóxico inclúe entre as súas funcionalidades:

- Contidos Estáticos: temas de formación e apoio desenvolvidos por expertos e referidos ao campo socio-sanitario.

- Profesional na Casa: videoconferencia para establecer contacto directo con profesionais.

- Terapias de Grupo: permite acceder a terapias físicas e/ou cognitivas a través do seguimento de vídeos.

- Valoración e Estimulación Cognitiva: a través dunha aplicación propia, Telecognitio®, avalíanse e adéstranse diferentes áreas mentais como a memoria, a atención e a concentración por medio de actividades que permiten facer un seguimento do estado cognitivo do usuario que interacciona co sistema.

Inclúe tamén un Rexistro de Parámetros Biomédicos de forma remota. As posibilidades deste tipo de dispositivos son moitas, xa que a través deles podemos facer control e seguimento de patoloxías crónicas como hipertensión arterial, diabetes, alteracións cardíacas, enfermidades pulmonares e outras. Ata o momento Telegerontología® permite, dunha maneira sinxela e accesible, que o usuario comprobe a súa tensión arterial, a súa frecuencia de pulso e o seu nivel de saturación de osíxeno en sangre. Todos os datos rexistrados xeran un algoritmo diagnóstico e indícanlle na pantalla ao usuario a "normalidade" dos mesmos ou a necesidade dun control polo seu médico de cabeceira. En todo caso, naqueles valores que se escapan da normalidade, ao ser recibidos no Centro de Control, implicarán unha serie de actuacións, entre as que se inclúen que un profesional estableza unha videoconferencia co Centro Remoto (domicilio da persoa maior) aconsellando directamente sobre as medidas a tomar.

Son obxectivos concretos do proxecto os seguintes:

- Investigar na área da domótica para implementar no dispositivo de Telegerontología® un módulo dirixido a persoas maiores e/ou os seus coidadores familiares, que integraría os seguintes controles: acendido e apagado de luces, apertura e peche de cortinas e/ou persianas, acendido, apagado e regulación da temperatura da calefacción e/ou aire acondicionado, apertura e peche de subministro de auga.

- Investigar no ámbito da telemedicina, a fin de poder integrar en Telegerontología® os seguintes servizos e dispositivos: control de errantes mediante o uso de sensores de presenza, detección de caídas mediante o uso de sensores de posición, sensor de humidade para panais.

- Facilitar a e-inclusión e o benestar das persoas maiores a través dos produtos investigados.

- Diminuír o custo socioeconómico da atención á dependencia ao estender o programa de Telegerontología® proposto na axenda dixital da cidade de A Coruña (Smart city), dentro dos servizos para mellorar a calidade de vida, impulsar a autonomía persoal e a vida independente mediante servizos personalizados e autónomos, co fin de acadar a un maior número de usuarios tanto nos seus domicilios como en centros públicos.

2008-2011 • GERO-HEALTH (Programa de prevención e promoción da saúde dirixido a persoas maiores)

- Entidade financeira:

- Resumo:

El envejecimiento de la población europea es un hecho crucial del siglo XXI, especialmente en España. Con la implantación de la Ley de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia se hace imprescindible diseñar y gestionar programas que promuevan la autonomía personal incluyendo la prevención, el tratamiento y la rehabilitación. Además la educación en valores de salud y autonomía son parte fundamental de la atención integral del Estado de Bienestar. En base a que dicha Ley establece la necesidad de crear actuaciones de "promoción de condiciones de vida saludables, programas específicos de carácter preventivo y de rehabilitación dirigidos a las personas mayores y personas con discapacidad...", en este proyecto se pretende elaborar y desarrollar un programa de prevención y promoción de la salud que dirigido a las personas mayores y a sus cuidadores actúe a varios niveles:

- Sanitario, con fines preventivos y de promoción de hábitos saludables.

- Social, de promoción de conocimientos sociales y de educación cívica mejorando las habilidades sociales y comunicativas del sujeto y,

- Funcional, de intervención sobre la capacidad para la realización de las actividades de la vida diaria a nivel del paciente, buscando la consiguiente repercusión en el entorno del cuidador.

En este sentido, se pretende obtener una red de formación especializada en la atención a personas mayores y/o sus cuidadores informales y una guía formativa viable y eficaz para mejorar su calidad de vida fomentando el envejecimiento saludable y anteponiendo los criterios de prevención a los de intervención.

2008-2009 • DISPOSITIVO DE RECOLLIDA "ON LINE" DE PARÁMETROS BIOMÉDICOS

- Resumo:

Actualmente, vivimos nunha sociedade avellentada, na cal unha porcentaxe importante de persoas maiores viven soas. A idade é un condicionante do estado de saúde, reflectindo a vellez, dalgunha maneira, o resultado do estilo de vida anterior, no cal aquelas persoas con mellores hábitos chegaran en mellores condicións que aqueles que non os seguiron de maneira adecuada. Por iso, atoparémonos persoas maiores en condicións de saúde moi diferentes pero sempre cun incremento considerable, en relación a outros grupos etarios, de procesos morbosos que condicionarán que sexan os maiores demandantes de atención sanitaria, consumindo a maior parte dos recursos sanitarios, que na maior parte dos casos vanse a ver colapsados e con grandes listas de espera.

A fin de paliar na medida do posible esta situación, co proxecto que presentamos pretendemos aplicar os grandes avances das TICs ao campo da atención sanitaria, mediante o desenvolvemento e posta a punto dun sistema de recollida remota de parámetros biomédicos no propio domicilio da persoa maior, sen necesidade de intervención directa do persoal sanitario. Os datos recollidos serán incorporados a unha base de datos que permitirá o seu seguimento e control por parte dos profesionais. Desenvolveranse un conxunto de aplicacións que permitan a recollida, transmisión e análise (tanto automatizado como manual) de datos, que serán testeados no domicilio dunha persoa maior.

En resumen, preténdese mellorar a rede socio-sanitaria de apoio domiciliario, mellorando a calidade de vida do entorno familiar e, á vez, desconxestionar os servizos sanitarios, mediante a monitorización e control domiciliario de diferentes parámetros biomédicos.

- Obxectivos:

O obxectivo xeral do proxecto é desenvolver dispositivos para a recollida e monitorización continua on line de parámetros médicos adaptados ás persoas maiores. Sendo obxectivos específicos:

- A selección dun conxunto de dispositivos de recollida de parámetros médicos (presión arterial, pulso cardíaco, temperatura corporal, saturación de osíxeno) que sexan usables por persoas sen adestramento, sempre atendendo ás necesidades especiais das persoas maiores e á accesibilidade económica.

- O desenvolvemento dun sistema de recollida de parámetros médicos baseado nestes dispositivos e integrables en TeleGerontología®.

- O desenvolvemento dun sistema on line de transmisión de parámetros biomédicos seguro e estándar.

- O desenvolvemento dun sistema que permita a visualización dos datos por parte do persoal sanitario e a análise automatizada dos mesmos.

- A demostración do concepto dun servizo destas características.

- Conclusións:

Neste proxecto, o desenvolvemento dun dispositivo que permite a medición de catro parámetros biomédicos desde o propio domicilio, sen necesidade de desprazarse, entendemos que aporta múltiples beneficios ao entorno da atención socio-sanitaria como serían:

a. Posibilidade de rexistrar os parámetros biomédicos sen necesidade de desprazarse do domicilio.

b. Comodidade e facilidade nos rexistros, de tal xeito que o sistema se diseñou para que a propia persoa maior aínda vivindo soa sexa capaz de manexalo. Está demostrado que a usabilidade dun dispositivo é determinante para a aceptación e eficacia do mesmo.

c. Posibilidade de facer seguimento lonxitudinal do paciente mediante o envío da sinal a un centro de control, detectando deste xeito as alteracións nos rexistros (detección precoz) e a posibilidade de por en marcha as medidas correctoras. Estas medidas de prevención permiten unha maior calidade de vida sen hospitalizacións innecesarias.

d. Descarga de traballo dos centros de saúde nos seguimentos periódicos das persoas con patoloxías crónicas (Ex. Hipertensión arterial). Un profesional no centro de control podería ser capaz de avaliar centos de rexistros por día, co conseguinte incremento do rendemento sociosanitario.

e. Así mesmo, estes seguimentos periódicos favorecen a tranquilidade do usuario ao saberse monitorizado continuamente por un profesional, ao tempo que fomentan o progresivo empoderamiento por parte do paciente/usuario, ao ser parte activa no control da súa evolución.

f. Diminución do gasto sanitario. As TIC teñen un papel moi relevante na sostenibilidade do sistema sanitario. A relación custo-beneficio do emprego das TIC é unha variable a ter en conta.

2008 • PROGRAMA AGAD (Programa Integral de Apoio Xerontolóxico a Domicilio)

- Entidades colaboradoras:

- Introducción:

A Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña (UDP) en colaboración coa Obra Social-Fundación La Caixa, a través do seu Programa de axudas a proxectos de iniciativa social, pon en marcha un Programa Integral de Apoio Xerontolóxico a Domicilio (AGAD), que dirixido aos coidadores das persoas maiores con dependencia da comarca da Coruña, pretende, a través do apoio a domicilio de especialistas no campo da intervención con coidadores e persoas maiores, mellorar a calidade de vida dos beneficiarios, á vez que estruturar unha rede de apoio con continuidade no tempo.

Dito programa que terá carácter anual, contará coa participación de diferentes especialistas do campo da xerontoloxía e da xeriatría como son un traballador social, un fisioterapeuta e un terapeuta ocupacional, que serán coordinados desde o Centro La Milagrosa.

O programa irá dirixido a: Pacientes con demencia e/ou dependencia e os seus coidadores familiares e integrará as seguintes prestacións, que serán dispensadas de maneira personalizada a domicilio por parte dos profesionais implicados.

- Fisioterapeuta: Rehabilitación osteomuscular con intervención sobre: lumbalxias, cervicálxias, sobrecarga muscular..., e formación en coidados e hixiene postural.

- Terapeuta Ocupacional: Adaptación ao entorno, reeducación nas actividades básicas da vida diaria e formación do coidador.

- Traballadora Social: Atención a demandas, apoio e asesoramento socio-familiar, seguimento individual de casos.

- Información e inscrición:

Dado que o número de prazas será limitado, aquelas persoas que estean interesadas, deberán poñerse en contacto co:

Complexo Xerontolóxico La Milagrosa

Av. de Cádiz, n° 5.- 15.008 A Coruña

Tlf: 981-169075 / 981-169174 - Fax: 981 169131

Horario: Mañás de 10 a 14 horas

2006-2007 • AVANZA (Programa de apoio "on line" dirixido a los coidadores familiares de enfermos con dependencia)

- Resumo:

A perda da capacidade funcional, que afecta a diferentes colectivos (discapacidade física, discapacidade intelectual, accidentes...), pero sobre todo ás persoas maiores, xerou unha importante sensibilización dos axentes sociais e da propia administración, que se sintetizaron no Proxecto de Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, que con probabilidade se porán en marcha como a denominada "Lei da Dependencia" a principios do 2007; recollendo na súa redacción o recoñecemento da tarefa das familias no coidado das persoas maiores dependentes.

As persoas viven cada vez máis e a idade interfire coa súa capacidade de coidar de sí mesmos, sendo a dependencia un dos maiores problemas actuais en base á necesidade de poder satisfacer a demanda de axuda, xeralmente por parte dos coidadores familiares que representan o 70% da estrutura do coidado.

A carga asistencial asumida polo coidador-familiar, xeralmente sen a necesaria formación para realizar a atención axeitada, pódelle xerar diferentes alteracións da súa propia saúde: físicas, psíquicas ou socio-laborais. Por elo, será fundamental potenciar a estrutura de apoio domiciliaria aproveitando os recursos a nosa disposición como son as novas tecnoloxías (TIC).

O obxectivo principal deste proxecto e garantir a inclusión na Sociedade da Información, das persoas maiores e, máis concretamente, das persoas maiores con discapacidade, establecendo unha REDE DE APOIO "on line", que lles permitirá incorporarse ao uso das TIC como medio idóneo para a súa integración social, evitando a exclusión social e mellorando a súa calidade de vida e a dos seus coidadores, así como a calidade do coidado dispensado, ao tempo que se evita o risco de institucionalización do paciente, situación, que por outra parte, vai incidir positivamente sobre o sistema sociosanitario.

- Tecnoloxía aplicada:

Neste sentido e de acordo aos recursos de apoio dispoñibles, nos que se une tanto a súa escasez como o alto coste da súa implementación, e necesario buscar novas alternativas que a baixo coste permitan soster o equilibrio no binomio coidador familiar-paciente con dependencia e preferentemente a nivel do seu domicilio, hábitat natural en donde a maioría das persoas queren permanecer.

Os obxectivos específicos do proyecto inclúen:

- Establecer un sistema "on line" en domicilios piloto.

- Intervir cos usuarios (persoas maiores con discapacidade) e coidadores a través da interacción co centro asistencial mediante a operatividade dos seguintes servicios: contidos "on line", estimulación cognitiva, profesional na casa e tele-alarma.

- Valorar os efectos xerados pola intervención.

- Obter un programa de apoio "on line" viable.

Con este proxecto, pretendemos avanzar sobre a teleasistencia clásica, xa que ésta unicamente consiste nun sistema de alarma 24 horas pero con cobertura social; mentras que o proyecto que plantexamos, que poderíamos incluir entre os recursos xerontolóxicos que cumpren os estándares de "Deseño para todos", ademáis de facilitar a comunicación 24 horas incorpora programas formativos e asistencia continuada por expertos, sen límite de extensión, facilitando a calidade do coidado e evitando paralelamente a prematura institucionalización; e todo a un coste moi por debaixo dos demáis recursos de apoio domiciliario, aspectos que apoian ó impacto socioeconómico que suporía un recurso deste tipo.

En canto ao impacto territorial do proxecto, nunha Comunidade como a Galega está fora de toda dúbida, máxime se temos en conta o importante colectivo a o que vai dirixido, con gran dispersión poboacional (característica máis que relevante da poboación galega) e con frecuentes problemas de mobilidade debido á súa avanzada idade. Por suposto, e dado o sistema de difusión, o recurso que presentamos non ten fronteiras, poidendo beneficiarse de él todas aquelas persoas cuio domicilio poida chegar Internet.

2006-2008 • GERONED (Necesidades percibidas polas persoas dependentes. Modelos de intervención)

- Resumo:

O desenvolvemento do 4° pilar do Estado de Benestar en España, coa creación do Sistema Nacional de Dependencia, afectará principalmente á poboación dependente maior de 65 anos; e necesario por tanto afrontar o desenvolvemento deste Sistema tendo en conta que non existen necesidades absolutas senon que dependen do entorno e dunha caracterización sociocultural específica. Propoñemos así mediante un estudo diferencial das necesidades percibidas por este colectivo nas áreas rural e urbana galega, e tendo en conta as diferencias de xénero existentes, aproximarnos mediante a consulta a expertos (técnica Delphi) e a os propios afectados crear un Modelo de Intervención para a Promoción da Autonomía que sexa obxetivo e reflicte os intereses reais deste grupo heteroxéneo.

- Metodoloxía:

O ámbito de estudo estará constituido por unha poboación que cumpla os seguintes criterios de inclusión: maior de 65 anos, que presente dependencia de acordo ao especificado na Lei e que resida nunha poboación urbana (máis de 5000 habitantes) ou rural (menos de 5000 habitantes).

A Coruña e unha cidade situada ao noroeste de Galicia, que conta con 243.349 habitantes (INE. Padrón municipal de habitantes, 2005); mentras que no Concello de Mondoñedo será considerado "rural" debido a que o número de habitantes que se reflicte no Padrón municipal e inferior aos 5000 (García, 1997), en concreto 4863 habitantes (INE. Padrón municipal de habitantes, 2005).

Queremos deixar constancia en primeiro lugar que as persoas seleccionadas para o estudo e de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, serán informadas para que soamente aquelas que presten o seu consentemento participen no estudo. Por outro lado as persoas serán tamén informadas acerca da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal para o seu consentemento a que os datos se incorporen a un arquivo automatizado, e a un tratamento automatizado dos mesmos.

O tamaño mostral establecerase a partir dun reparto proporcional que teña en conta á poboación total de maiores de 65 anos de cada concello (A Coruña, 44.137; Mondoñedo, 1.743) e, sobre todo, as variables obxeto de estudo e que encauzan este proxecto.

A mostra estratificarase segundo os seguintes parámetros: tipo de medio, que se dicotomizará en rural/urbano e o xénero: home/muller.

Debido á ausencia de datos concretos sobre as persoas maiores de 65 anos dependentes en ambos municipios, utilizamos os datos do capítulo duodécimo, referido á CCAA galega, (EDDE, 1999) no que concerne ao porcentaxe de poboación dependente maior de 65 anos segun o tamaño municipal, advertindo o seguinte para os municipios obxeto de estudo:

2.001-10.000 habitantes (caso de Mondoñedo): 21'8% poboación de 65 e máis anos.

50.001-500.000 habitantes (caso de A Coruña): 30'1% poboación de 65 e máis anos.

Tendo en conta a poboación maior de 65 anos de A Coruña e Mondoñedo, sinalada anteriormente, e os porcentaxes de dependencia según o tamaño municipal deducimos que na Coruña estímase que existen 13.285 persoas maiores dependentes, e 380 no caso de Mondoñedo.

A partir destes datos determinamos que o tamaño da mostra establecese, para un nivel de confianza do 95,5% e p=q=0,05, garantindo un erro máximo de +- 5%, e tendo en conta subxetivamente que se recolla toda a heteroxeneidade do grupo obxeto de estudo (increméntase polo tanto levemente a mostra, a cal xustificamos en base á maior representatividade da mesma) en 200 enquisas no municipio da Coruña, e 70 no de Mondoñedo.

Á hora de realizar as enquisas semiestructuradas e a análise do discurso que suceda nas mesmas teranse en conta os criterios de representatividade seguintes: xénero (máis enquisas a mulleres que varóns, debido á relación de masculinidade), institucionalización ou residencia na súa propia vivenda e nivel cultural.

Por outro lado, debido ás características das técnicas de investigación que se aplicarán (Técnica Delphi e enquisas semiestructuradas) cremos convinte usar dous tipos do mostreo, ambos non probabilísticos.

En primeiro lugar utilizarase un mostreo por cuotas ou accidental para a selección do Panel de Expertos da Técnica Delphi, asentado sobre o bo coñecemento có que o Grupo de Investigación en Xerontología conta acerca da poboación máis representativa ou axeitada ós fins da investigación. Este coñecemento previo xerouse a partir dun importante número de proxectos e estudos de tipo multidisciplinar relacionados co tema en cuestión. Neste tipo de mostreo non probabilístico, con semellanzas ao aleatorio estratificado, fixaremos cuotas consistentes nun número axeitado de individuos que reúna determinadas condicións relacionadas co seu traballo e coñecemento dos maiores dependentes galegos.

Neste caso concreto, escolleremos un número representativo de profesionais e expertos en persoas maiores, dependencia, xénero, etc. da CCAA galega. A representatividade virá avalada pola maior ou menor presencia do colectivo profesional nos diferentes ámbitos xerontolóxicos (públicos e privados, académico, etc.).

En segundo lugar, para a realización das enquisas semiestructuradas a maiores dependentes de A Coruña e Mondoñedo, utilizaremos outro tipo de mostreo non aleatorio, concretamente o denominado mostreo causal ou incidental no que o Grupo investigador seleccionará directa e intencionalmente aos individuos da poboación; como sinalábamos anteriormente, ademais da adecuación metodolóxica có tipo de recollida de datos, utilizamos este procedemento pola facilidade disposta para o acceso aos individuos.

No que respecta ao modo en que se recollerán os datos sinalar que en primero lugar realizaranse enquisas con preguntas semiestructuradas. Ditas enquisas semiestructuradas irán acompañadas dunha entrevista creada para avaliar a calidade de vida e as necesidades percibidas (Aguado, 2003) utilizada xa en once CCAA españolas. Chegados a este punto gustaríanos sinalar que as enquisas serán rexistradas mediante unha cámara de vídeo para poder posteriormente proceder a unha análise do discurso máis pormenorizado, debido a que como e sabido en Ciencias Sociais, a forma máis correcta de analizar as demandas percibidas e mediante o análise do discurso.

Acerca das limitacións do proxecto gustaríanos sinalar que éstas gardan relación esencialmente coa coordinación e establecemento de redes para a realización das entrevistas e o cuestionario Delphi; ademáis haberá que ter en conta as dificultades de comunicación derivadas do tipo de dependencia que sufran as persoas maiores seleccionadas, por elo pode que algún tipo de dependencia prevaleza sobre outras.

Sen embargo, e tendo en conta ambos aspectos, realizamos un plan de continxencia mediante o cal o primero handicap se solventará conseguindo establecer acordos para a realización das técnicas previstas con asociacións, centros xerontolóxicos e demáis institucións coas que se chegue a acordos en municipios con características similares a Coruña e Mondoñedo.

O segundo posible problema pódese solucionar realizando un cuestionario ad hoc ás coidadoras principais, nos casos nos que a comunicación có maior sexa extremadamente dificultosa ou en casos de importante deterioro cognitivo.

2005-2007 • TELEGERONTOLOGÍA® (Deseño, elaboración e validación dun novo recurso asistencial)

- Entidade subvencionadora:

- Entidades colaboradoras:

- Introdución:

É un novo recurso de apoio domiciliario dirixido ás persoas maiores e/ou persoas con pérdida de capacidade funcional e/ou cognitiva, nacido froito da evolución da teleasistencia clásica, apoiándose no desenvolvemento nos grandes avances das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Seguindo os principios básicos da atención xerontolóxica, TELEGERONTOLOGÍA® posibilita realizar valoracións cognitivas "on line" e persoalizar as actuacións terapéuticas.

E todo a través dunha liña telefónica convencional, o televisor e unha "pasarela residencial" de desenvolvemento propio..

- Funcionalidades da Telegerontología® na actualidade:

A posibilidade de retransmitir sesións de rehabilitación.

A posibilidade de realizar consultas en directo.

A posibilidade de realizar intervención cognitiva.

A posibilidade de realizar chamadas de emerxencia.

- Funcionalidades en desenvolvemento:

O control domótico.

O control de parámetros biomédicos.

A localización de usuarios vía GPS.

- Qué fixemos ata o de agora:

Desenvolver a pasarela residencial. (Integración das novas tecnoloxías [TIC] na vida cotiá, comunicación audiovisual entre o centro e o usuario, utiliza o televisor convencional da vivenda, novas necesidades: posibilidades de crecemento futuro. Deseñado, desenvolvido e fabricado en Galicia).

Desenvolver as aplicacións de xestión: Geropad (Permite eliminar barreiras entre o usuario e os servizos, ergonomía e facilidade de uso, requisitos funcionais, accesibilidade: física, sensorial e cognitiva).

Desenvolver o dispositivo navegador.

Desenvolver o sistema de telealarma-localizador.

Desenvolver a aplicación de teleestimulación cognitiva.

- Qué nos falta:

Integrar os dispositivos biomédicos e domóticos, mellorar algunhas funcionalidades e recursos económicos para continuar co desenvolvemento.

- Conclusións:

Novo recurso de atención xerontolóxica.

Posibilidade de manter ás persoas maiores máis tempo no seu domicilio apoiados 24 horas/día, 365 días/ano.

Desenvolvido íntegramente en Galicia.

Consorcio de entidades.

Consorcio de entidades.

Sen límite de distancia (INTERNET).

2002-2003 • DISCAPACIDADE MENTAL (Proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación sobre o avellentamento

- Introdución:

Paralelamente ao incremento da esperanza de vida ao nacer nos países desenvolvidos, os avances no campo da saúde e sociais facilitaron que cada vez máis persoas con discapacidade intelectual, cuxa esperanza de vida ata fai pouco situada entre os trinta e os cuarenta anos, alcancen idades moi por encima destas; calculándose que no mundo, máis de 60 millóns de persoas poden ter algún nivel de discapacidade e que nas próximas décadas producirase un aumento todavía maior deste grupo poboacional, que na maior parte dos casos sobrevivirán aos seus proxenitores.

Coa publicación en 1992 por parte da Asociación Americana para o Retraso Mental (AAMR), da definición, clasificación e sistemas de apoio á persoa con esta discapacidade, podemos decir que se iniciou a era da profundización no coñecemento da conducta adaptativa, da filosofía dos servizos de apoio e da boa práctica no retraso mental (RM), concepto que se utiliza para caracterizar o baixo nivel de funcionamento intelectual e adaptativo dun suxeito.

A AAMR define o RM como aquel estado, manifestado antes dos 18 anos, e que fai referencia a limitacións substanciais no desenvolvemento corrente, caracterizándose por un funcionamento intelectual significativamente inferior á media, xunto con limitacións asociadas en dúas ou máis das áreas referidas ás habilidades adaptativas seguintes: Comunicación, coidado persoal, vida no fogar, habilidades sociais, utilización da comunidade, autogoberno, saúde e seguridade, habilidades académicas funcionais, lecer e traballo.

A conducta dunha persoa ven determinada pola resposta, segundo as súas capacidades, de acordo aos estímulos recibidos do seu entorno. No retraso mental a limitación refírese ao funcionamento, non ao individuo, de acordo á interacción das capacidades limitadas da persoa co medio no que vive. Esta conceptualización está específicamente deseñada para perfilar e planificar os apoios requeridos por unha persoa concreta nun contexto concreto, así como para mellorar o seu funcionamento no medio no que está ou o que é o mesmo, a súa calidade de vida.

- Marco de referencia:

En termos xerais os investigadores presentaron pouca atención ao grupo de poboación maior con deficiencia mental. Os estudos demográficos atópanse coa dificultade de acotar o grupo poboacional segundo a idade. Ainda que os cálculos de tamaño da poboación de personas maiores con deficiencia van do 0,5 ao 3 % da poboación total, unha proxección razoable do número de deficientes mentais maiores é de 0,39 % que equivale a 4 de cada 1000 anciáns da poboación mundial. Segundo datos estimados polo INE (padrón 1996), en España o 5 % das persoas con retraso mental son maiores de 65 anos se incluímos a poboación entre 50 e 65 anos sería o dobre. No 1999 o INE realizou unha enquisa sobre discapacidade, deficiencia e estado de saúde da poboación española. Dos resultados obtivéronse as tasas de retraso mental para a poboación segundo a idade. Así a tasa entre 6 e 64 anos atópase en 4,39 /1000 e de 0,84 /1000 habitantes maiores de 65 anos.

No estudo por sexos, observouse que a proporción de mulleres era superior á de homes en idades avanzadas, correlacionado coa poboación xeral, dedúcese que nos colectivos con deficiencia metal a esperanza de vida é maior nas mulleres. Estes datos son coincidentes cos datos aportados pola Organización Mundial da Saúde para a poboación con discapacidade intelectual no mundo.

- Situación das persoas con discapacidade intelectual (DI) en proceso de avellentamento:

As características das persoas con retraso mental son ao mesmo tempo iguais e diferentes da poboación maior de 65 anos en xeral. O envellecemento físico, os axustes aos cambios biolóxicos e as necesidades de servizos son similares ás persoas anciás. As diferenzas explícanse mellor polo retraso que padeceron toda a súa vida máis que pola idade. En todo caso non está de máis recordar que cada suxeito vive o seu propio proceso de envellecemento. Polo tanto a variabilidade do proceso de envellecemento é a constante en todos os individuos. Este proceso tamén difire a orixe e tipo de retraso mental. Nestas persoas prodúcese unha aceleración do proceso fisiolóxico do envellecemento polo que nos atopamos persoas envellecidas a idades máis tempranas. Este envellecemento prematuro xustifica que diversos autores establecerán que o inicio do envellecemento sucede neste colectivo a partir dos 45 anos. Ademais o feito de que a tasa de mortalidade a partir dos 45 anos sexa tan alta entre deficientes mentais contribuíu a fixar esta idade como a que marca o envellecemento.

Se a ancianidade constitúe por si mesma un hándicap na sociedade actual, este acrecentarase se a persoa sufre de retraso mental; o que conlevará un dobre risco de institucionalización, por consideralas dependentes ao ser anciáns e ademais presentar retraso mental. Con frecuencia ao chegar a senectude xurde a necesidade dunha axuda significativa e en moitos casos importante, para cada un dos aspectos da autonomía e en particular nas actividades da vida diaria.

- A saúde nas persoas con DI:

As persoas maiores presentan con frecuencia unha saúde máis delicada con enfermidades e pérdidas asociadas ao envellecemento. Sábese que as persoas con retraso mental teñen índices maiores de problemas físicos debido aos seus problemas xenéticos intrínsecos, danos no cerebro (por diversas causas estruturais, traumáticas, metabólicas e infecciosas), e ao estilo de vida dictado polas súas desvantaxes sociais, cos problemas de saúde conseguintes, como por exemplo peor mobilidade, alimentación, coidado dos pés, hixiene e manexo de enfermidades crónicas. Ao chegar a idades avanzadas engádense os problemas físicos normais asociados ao envellecemento. Os anciáns con retraso mental teñen índices significativamente maiores de enfermidades psiquiátricas, principalmente debido á aparición da demencia, en comparación cos adultos máis novos con retraso mental. Os índices de demencia son moito maiores nas persoas con retraso mental que na poboación xeral a igual idade. Moss considera que as persoas de máis de 50 anos con retraso mental teñen mellor saúde que as que falecen novas debido á mortalidade diferenzal, de xeito que falecen máis novos con retraso mental máis profundo e múltiples incapacidades físicas. Cooper amosa o seu desacordo sobre a hipótese de Moss suxerindo que si ben un maior grao de retraso mental aumenta a probabilidade de falecer novo, os efectos da idade avanzada sobre a saúde física sobrepasan os efectos desta mortalidade diferenzal. Leváronse a cabo algunhas investigacións onde se compara a saúde física de adultos novos e maiores con retraso mental. Describiuse un alto índice de problemas de mobilidade para os suxeitos anciáns, (32,1%). En Holanda Evenhuis en estudo lonxitudinal a 10 anos atopou que a incidencia do cancro nas persoas maiores con DI era similar á poboación xeral para a mesma idade, tendo unha alta prevalencia os problemas de mobilidade (58%). A artrites e os problemas ortopédicos aparecen en porcentaxes do 48,55%. Atopáronse altas porcentaxes de problemas cardiovasculares nos suxeitos de máis idade (27,6%-34%). O hipotiroidismo é máis frecuente entre os anciáns con retraso metal que na poboación xeral. As enfermidades respiratorias son máis frecuentes entre os maiores con RM que nos máis novos. A incontinencia é un síntoma común entre a xente con retraso mental, especialmente en aqueles con formas máis severas do mesmo. Este problema é máis frecuente entre os anciáns con RM, o que suxire que os efectos físicos da idade avanzada teñen un maior impacto sobre a incontinencia que o nivel intelectual. No xa citado estudo de Cooper (1998) evidénciase unha maior porcentaxe de enfermidades cerebrovasculares e de hipertensión no grupo de persoas de idade avanzada con RM; que nas novas con RM. A epilepsia atopouse entre o 25% dos suxeitos con idade avanzada fronte ao 20% dos individuos máis novos. Os anciáns con RM teñen en comparación coa poboación xeral unha maior porcentaxe de enfermidade cerebrovascular, de epilepsia e de enfermidade de Parkinson. As persoas maiores con DI toman máis fármacos para doenzas físicas como HTA, estrinximento, broncoespasmo, enfermidades cardiovasculares sendo máis frecuente a toma de psicótropos polos máis novos.

- Coidados e promoción da saúde nas persoas maiores con DI:

Os estudos actuais sobre calidade de vida propoñen profundizar nos factores obxectivos que contribúen a mellorar o benestar dos individuos, e nos procesos psicolóxicos que contribúen a afrontar o deterioro e que levan á persoa á satisfacción e a felicidade. Na actualidade os esforzos en investigación van encamiñados a "engadir vida aos anos, máis que engadir anos á vida". Préstase atención á experiencia do propio individuo, a súa participación no control da súa vida, da súa saúde e dos procesos de enfermar. As persoas con discapacidade intelectual que envellecen pertencen a un sistema familiar e social de coidados que non se adapta ao proceso de envellecer. Na actualidade enfróntanse a un proceso de envellecemento no medio familiar e con carencias importantes o sistema de apoio. No futuro as persoas con discapacidade intelectual vivirán máis anos e poderán disfrutar da súa ancianidade con maior dignidade e con maiores cotas de saúde e benestar. Os traballos que estudan a individuos maiores con e sen discapacidade intelectual amosan que existen diferenzas no nivel de autonomía, a utilización de servizos e mellora da calidade de vida. A investigación no campo da saúde mental sinalan a importancia de que os suxeitos desenvolvan a súa vida de acordo cos seus intereses e demostren a súa autodeterminación. Hogg e Lambe propoñen un modelo de envellecemento ecolóxico para as persoas con discapacidade intelectual maiores, no que interveñen de forma importante a relación coa familia, os apoios comunitarios con que conten, o contexto social e os servizos que se lle presta por parte da sociedade. A investigación desenvolvida ata a actualidade no campo da discapacidade intelectual indica que os individuos deben desenvolver a súa vida de acordo ás súas motivacións persoais, e aos seus intereses.

Evenhuis H et al. aporta diversas recomendacións para mellorar a saúde das persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento. Fai mención especial á necesidade de que os servizos de atención primaria de saúde poñan en marcha programas de promoción da saúde encamiñados a previr enfermidades, manter a capacidade funcional e a aumentar a calidade de vida destes individuos. Emerson et al. consideran a promoción da saúde na familia e na comunidade como a forma máis axeitada de mellora o benestar das persoas con DI. Ata a data publicáronse diversos estudos que centran a súa atención na promoción da saúde e en desenvolvemento de programas educativos e de prevención de saúde. Nesta mesma liña apuntan os traballos sobre prevención do cancro xinecolóxico e de mama en mulleres maiores con discapacidade intelectual realizados por Davies, N nos servizos de atención primaria. Realizáronse poucos intentos por ter guías para o coidado e promoción da saúde en persoas discapacitadas. É destacable a guía de coidados de saúde para o Síndrome de Down e a Guía desenvolvida polo grupo de Edimburgo para a investigación de demencias en persoas con discapacidade intelectual. No ano 2000 a Organización Mundial da Saúde xunto co IASSID (International Association for the Scientific Study of Intellectual Disabilities) estudou diversos aspectos do envellecemento das persoas con DI. Destes encontros despréndense os informes sobre a situación actual desta poboación e as medidas a tomar para mellorar a súa calidade de Vida. As recomendacións van na liña de promover a saúde física nas persoas con DI a través da formulación de prioridades en coidados de saúde, a investigación e a formación. Entre elas, atópase a necesidade de desenvolver programas de promoción para a Saúde, creando estratexias preventivas que fomenten estilos de vida saudables, cos apoios sociais suficientes para evitar restriccións na participación na comunidade e co máximo apoio da familia. As persoas con discapacidade intelectual e os seus coidadores deben coñecer e aplicar prácticas saudables de nutrición, hixiene, reducción en abuso de sustancias, sexualidade e outras.

Os programas de promoción da saúde desde a atención primaria deben ir encamiñados a minimizar a dependencia e a dotar ás persoas maiores, e os seus coidadores de capacidades e estratexias para diminuír os riscos para a súa saúde. Gran número de persoas con DI viven na comunidade e escasamente utilizan os servizos sanitarios de atención primaria. Esta falla de uso dos servizos pode estar orixinado en que non perciben por parte dos médicos de familia a capacidade para afrontar os seus problemas. Programas de achegamento dos servizos sanitarios ás persoas con discapacidade demostraron que estas persoas teñen interese por manter a súa saúde e que a adaptación dos servizos as súas características contribúen a identificar e resolver as súas necesidades de saúde. As dificultades para utilizar os servizos sanitarios xustifica con maior forza o desenvolvemento de programas de coidados con persoas maiores con DI. En España ata a data non existen experiencias neste ámbito. Se ben é certo que o envellecemento poboacional levou a que os profesionais de atención, a familia e as asociacións a ter unha sensibilidade cada vez maior hacia este grupo de idade.

Esta comúnmente aceptado que o ancián posúe capacidade de aprendizaxe e de recuperación. As persoas con RM son partícipes desta capacidade e ao igual que outras persoas anciás son candidatas de programas de intervención encamiñados a que teñan un envellecemento satisfactorio. Estes van desde a promoción da saúde e a detección de factores de risco que conduzan ao deterioro da función ata a realización de programas de mantemento para soster as destrezas xa existentes, programas preventivos para previr o deterioro ou a regresión, programas restauradores para mellorar ou manter habilidades e funcións e programas progresivos para potenciar aquelas e mellorar as condicións premórbidas tras medicións e resultados do inicio.

- Obxectivos xerais:

1.- Afrontar dun xeito integral a intervención en persoas con discapacidade intelectual en proceso de avellentamento.

2.- Mellorar a calidade de vida dos grupos implicados: familia, persoa con discapacidade intelectual e sociedade en xeral.

3.- Sensibilizar á sociedade e á administración do problema que constitúe este grupo, cada vez máis numeroso.

- Obxectivos especificos:

1.- Identificar as necesidades e problemas de saúde prioritarios neste grupo poboacional.

2.- Elaborar actuacións específicas destinadas a resolver os problemas detectados, reforzando a intervención social na saúde.

3.- Fomentar o desenvolvemento de habilidades persoais no colectivo obxecto do estudo a fin de que eles mesmos poidan tomar responsabilidade sobre o seu propio coidado.

4.- Favorecer un cambio de actitude dos profesionais, implicados no campo da discapacidade, a fin de que teñan en conta os condicionantes sociais que interveñen sobre o proceso saúde-enfermidade, considerando a saúde cun enfoque integral.

5.- Promover ambientes físicos e sociais favorables, buscando condicións de vida, de traballo e lecer que sexan gratas, saudables e satisfactorias para as persoas con discapacidade intelectual que envellecen.

- Metodoloxía:

- Deseño: O estudo realizarase en dúas fases, a primeira desenvolverase entre Xuño e Decembro de 2002 e a segunda ao longo do ano 2003. Na primeira fase (Xuño-Decembro 2002), mediante estudo observacional retrospectivo, descriptivo e transversal, valorarase o estado de saúde da poboación obxecto de estudo. Para isto, a mostra seleccionarase de forma aleatoria e estratificada por idade e sexo entre o universo poboacional de persoas con discapacidade intelectual que dalguna maneira realicen actividades en centros especiais. A recollida de datos realizarase "in situ" por parte do equipo investigador. Na segunda fase (Xaneiro-Decembro 2003) de intervención, implementaranse unha serie de actividades de promoción da saúde dirixidas a corrixir ou mitigar as alteracións atopadas na primeira fase. Trátase dun estudo experimental tipo ensaio non farmacolóxico aleatorio de conxuntos e estratificado, onde se avaliará a eficacia da intervención, considerándose os resultados como satisfactorios se despois de aplicar ditas intervencións conseguimos que as persoas maiores con discapacidade intelectual teñan unha menor incidencia de enfermidades e unha maior capacidade para realizar actividades de autocoidados de saúde.

- Suxeitos de estudo: 1° Fase (Xuño-Decembro 2002) de diagnóstico de saúde: A poboación diana a constituirana Persoas Maiores de 45 anos en proceso de envellecemento con discapacidade intelectual residentes na CC.AA. Galega; incluidas nas asociacións de axuda a persoas con discapacidade psíquica, centros residenciais, centros especiais de emprego e centros asistenciais ocupacionais. Desta poboación diana, seleccionarase unha mostra representativa por mostraxe probabilístico aleatorio estratificado segundo o tipo de centro de axuda, quinquenio de idade ao que pertencen e sexo.

A 2° Fase (Xaneiro-Decembro 2003) será a de Intervención: A poboación de estudo será un subconxunto da poboación de referencia que cumpre os criterios de inclusión, da que á súa vez obteranse dous grupos aleatorios estratificados por centro, idade e sexo.

- Criterios de inclusión:

1.- Ter 45 ou máis anos.

2.- Estar en posesión do Certificado de minusvalía emitido polos Equipos de Valoración e Orientación do IMSERSO que o recoñeza como discapacitado con retraso mental (discapacidade Intelectual).

3.- Estar incluido no concepto de persoa con retraso mental da Asociación Americana de Retraso Mental (AAMR).

- Variables a estudar:

1.- Aspectos xerais: farase referencia á etioloxía das deficiencias da poboación, idade, sexo, etc.

2.- Aspectos funcionais: preténdese coñecer e clasificar o nivel de independencia para a realización das actividades instrumentais e actividades básicas da vida diaria.

3.- Valoración médica de todos os sistemas corporais.

4.- Valoración psicolóxica.

5.- Valoración do estado nutricional.

6.- Historial farmacolóxico. Tamén se obterán datos de consumo de alcohol e tabaco.

- Análise de datos:

Realizarase unha base de datos adaptada ás variables estudadas, procedéndose a realizar estudo descriptivo e analítico mediante programa de análise estatístico en Ciencias da Saúde (SPSS versión 11 para Windows).

 

2016-2018 • Estudo da Fraxilidade (FrailNet)

- Entidade financeira: Xunta de Galicia

- Entidades participantes: Grupo de Investigación en Xerontoloxía da UDC, INIBIC, Grupo de Investigación en Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde (DICOMOSA-UDC), Grupo de Investigación en Neurociencia Cognitiva Aplicada e Psicogerontología (NeuCogA-Aging-USC), Grupo HealthyFit (HI22-UVIGO) e o Grupo de Dependencia, Xerontoloxía e Xeriatría (Dependencia-USC).

- Orzamento: 120.000 €

- Resumo:

A Secretaria Xeral de Universidades e o GAIN concederon unha axuda a tres anos por un importe de 120.000? á Rede Galega para o Estudo da Fraxilidade (FrailNet), que liderada polo Grupo de Investigación en Xerontoloxía da UDC e INIBIC conta entre os seus membros co Grupo de Investigación en Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde (DICOMOSA-UDC), o Grupo de Investigación en Neurociencia Cognitiva Aplicada e Psicogerontología (NeuCogA-Aging-USC), o Grupo HealthyFit (HI22-UVIGO)e o Grupo de Dependencia, Xerontoloxía e Xeriatría (Dependencia-USC).

2012-2015 • VERISAUDE (Efectividad de la VGI y seguimiento longitudinal en la promoción del envejecimiento saludable)

- Entidade financeira:

- Entidades participantes:

- Orzamento: 95.926 €

- Resumo:

A Valoración Xerontolóxica Integral é unha ferramenta útil para coñecer as necesidades das persoas maiores e establecer un marco descritivo das necesidades deste colectivo para promover medidas socio-sanitarias e recomendacións prácticas dirixidas a mellorar a súa calidade de vida e promover o seu avellentamento activo desde un punto de vista multidimensional (cognitivo, emocional, funcional, social...).

Mediante un estudo lonxitudinal pormenorizado prospectivo que permite analizar a causalidade da dependencia, o proxecto VERISAÚDE pretende identificar a realidade da valoración xerontolóxica na poboación maior galega pertencente a diferentes colectivos e asociacións do medio co fin de identificar ditas necesidades e establecer as recomendacións que unha política socio-sanitaria de atención ao colectivo debe considerar á hora de abordar o actual incremento do avellentamento poboacional.

O seguimento lonxitudinal do estado da persoa maior permite identificar factores de risco e protectores da aparición de dependencia e por ende, intervir sobre a calidade de vida dos maiores.

2005-2007 • FOLSTEIN (Programa de tecnoloxías da información e comunicacións)

- Proxecto coordinado con:

- Resumo:

O envellecemento poboacional no que estamos inmersos, xunto coas incorporacións da muller ao mercado de traballo, está xerando un cambio no coidado tradicional das persoas maiores que permanecían no seu domicilio, favorecendo a súa institucionalización en base á pouca disponibilidade de tempo para o seu coidado. Neste sentido, os profesionais do sector, sabemos que as familias asumen o compromiso do coidado na medida que éste non sobrepase a súa capacidade e lles desborde, momento no que pensamos na procura doutros recursos, pero que ata o momento son insuficientes e non cubren o obxectivo básico da atención sociosanitaria: manter á persoa maior no seu domicilio mediante as fórmulas de apoio adecuadas.

Por isto, é necesario establecer un salto na rutina de recursos actual, centrada en residencias, centros de día e axuda a domicilio no campo das labores domésticas e a Teleasistencia, e avanzar na configuración de novas alternativas que permitan aos coidadores familiares contribuir no sostemento do sistema, constituindo o proxecto que nos pretendemos desenvolver, a difusión a domicilio a través do televisor de productos e servizos adaptados ás persoas maiores, un escalón máis dentro da teleasistencia, pero claramente diferenzado e evolucionado, que nace co obxectivo principal de manter á persoa maior no seu hábitat natural, retrasando, a súa vez, a necesidade de institucionalizalo.

O proxecto consta de dous elementos claramente diferenzados:

- Desenvolvemento do hardware, que inclúe a pasarela que permita convertir o sinal telefónico en sinal dixital visible en calquer monitor de televisión, ademais de poder ser manipulada a distancia e incluir as diferentes conexións para os periféricos complementarios dos contidos (determinacións biométricas, domótica, telealarma, etc) e o mando a distancia de deseño ergonómico e sinxelo que permita navegar por Internet.

- Desenvolvemento do software, que inclúa os contidos deseñados para a telexerontoloxía, e que neste proxecto incluiría unha aplicación de teleestimulación cognitiva de desenvolvemento propio, un sistema de videoconferencia de sesións de rehabilitación desde un centro de referencia (La Milagrosa da Coruña), un sistema de visionado interactivo de diferentes profesionais especializados no campo da vellez (Ex; O médico da casa), así coma de outros contidos de interés para este colectivo (turismo, saúde, lecer, etc).

En definitiva, o proxecto que presentamos, unha vez desenvolvido en todas as súas fases poderá ter identidade propia dentro do catálogo de servizos xerontolóxicos.

2004-2007 • DISCOGNITIOS
2002-2004 • SOFTWARE SENIOR
2002 • GERONET (Programa de integración das persoas maiores nas novas tecnoloxías da información)

- Introdución:

Nos últimos anos, estamos a asistir a un proceso de envellecemento da poboación en toda Europa, que afecta dunha maneira máis intensa a algunhas Comunidades Autónomas como é o caso de Galicia, que aínda que de xeito global presenta unha porcentaxe de envellecemento do 19,3%, se nos referimos ás provincias do interior (Lugo e Ourense), este supera o 25%.

Na sociedade actual, onde a esperanza de vida media achégase aos oitenta anos, o concepto de "maior" abarca un número de anos tan amplo, que lonxe de verse como unha etapa pasiva téñense que buscar fórmulas que faciliten o denominado envellecemento con éxito, ou o que é o mesmo o incremento da calidade de vida no seu sentido máis amplo, e onde a accesibilidade ás novas tecnoloxías tense que considerar unha ferramenta con gran futuro.

Sen dúbida, a informática pode convertirse nun servizo moi útil para as persoas maiores, de feito son moitas as vantaxes, que os sistemas informáticos poden aportar a este colectivo. As persoas maiores, poden enfrentarse ao aislamento social e persoal, onde a informática e Internet permitiranlle seguir "conectado" á sociedade, incluso sen saír do seu fogar, que é o lugar onde pasa a maior parte do tempo; deste xeito evitan a soidade a través da comunicación con calquer parte do mundo, fomentándose as relacións sociais na distancia e dentro do seu entorno.

A informática pode favorecer a creatividade, a autopercepción de sentirse vivos ou "activos", posibilita a apertura de novas vías de comunicación, estimula a mente e polo tanto, retarda os efectos do deterioro cognitivo. En resumo, a informática e Internet, pode convertirse nunha alternativa de lecer para a persoa maior, mellorando a súa autoestima e integrándoo socialmente.

Os profesionais déronse conta destes beneficios e desde hai uns anos promociónanse, a nivel nacional, cursos de informática para maiores, que cunhas características especiais e partindo dun nivel de formación dos maiores ínfimo, tratan os temas de maneira básica, amena, relaxada, activa e participativa.

Este proxecto, que aquí presentamos, pretende ser a continuación dun proxecto que actualmente está en desenvolvemento, denominado AgoraSenior. Polo momento, os obxectivos cumpridos teñen relación coa identificación de necesidades nos maiores, das barreiras que impiden a satisfacción de estas necesidades detectadas e a determinación das necesidades a solventar en materia de TIC.

No futuro, os obxectivos a cumprir serán os dirixidos a medir os criterios de avaliación, analizar as solucións tecnolóxicas existentes a estudar, avaliar aquelas ferramentas colaborativas, realizar o estudo de campo sobre as habilidades prácticas sobre unha mostra da poboación obxeto de estudo, e por último, deseñar e crear o interfaz gráfico e funcional, ademais de seleccionar os contidos e servizos, para poñelo a disposición dos maiores.

A finalidade deste proxecto é o desenvolvemento dun interfaz gráfico funcional e estruturado, selección de contidos e posta en marcha dun portal Web adaptado ás persoas maiores.

- Obxectivos:

Básicos que se perseguen con este traballo céntranse nas seguintes cuestións:

- Obter información sobre as necesidades e demandas do colectivo de maiores, para crear un portal Web axeitado a tales necesidades.

- Detectar aqueles factores que dificulten a satisfacción das necesidades e solventalos, na medida das nosas posibilidades.

- Maximizar as expectativas de éxito do portal web con respecto ao seu público obxectivo.

- Contribuir o incremento da calidade de vida dos maiores mediante o acceso ás novas tecnoloxías perfectamente adaptadas ás súas necesidades e limitacións.

- Mellorar a través da creación do portal web, a comunicación e accesibilidade deste colectivo ás novas tecnoloxías informáticas.

- Conseguir que este portal se convirta nun novo servizo a disposición do "maior" para o disfrute do seu lecer e tempo libre.

- Optimizar a competitividade do producto.

A funcionalidade do producto final básase en tres aspectos clave: Estudar as necesidades e demandas do colectivo de maiores, tendo en conta a bibliografía existente, sobre o tema, a opinión dos profesionais do campo de xerontoloxía e a propia opinión do "maior", desde unha visión xeral da sociedade.

Coñecer a opinión dos maiores acerca das novas tecnoloxías e, concretamente, acerca de Internet, mediante a elaboración dun cuestionario específico e a posta en marcha dun estudo piloto persoa maior-ordenador.

Desenvolver e comprobar unha interfaz adaptada ás limitacións sensoriais e físicas causadas polo envellecemento e concretamente adaptada ás modificacións dos sentidos da vista, tacto e oído xeradas polo proceso do envellecemento.

Avaliar os resultados obtidos tralos estudos piloto realizados a fin de correxir, caso de producirse, defectos no deseño.

Creación e posta en marcha dun portal Web, definitivo, de e para o colectivo de maiores, tendo en conta as súas propias limitacións, físicas, psíquicas, funcionais e sociais.

Estudo avaliativo da posta en marcha e funcionamento do portal creado. Detección de posibles erros e defectos do portal, para mellorar de xeito constante e progresivo o funcionamento do portal, para mellorar a accesibilidade do "maior" a éste.

- Beneficios do proxecto:

Este proxecto, trala consecución dos seus obxectivos permitirá que un amplo grupo da poboación, como son os "maiores", que non teñen contacto cos novos avances tecnolóxicos informáticos, poida acceder a unha páxina Web deseñada e creada para eles, tendo en conta as necesidades manifestadas. Deste xeito, os maiores disporán dun producto que lles permitirá acceder a unha maior información, así como participar da súa elaboración, cunha maior accesibilidade e facilidade comunicativa.

2002 • AGORASENIOR (Requisitos do interfaz gráfico e funcional dun portal web de ámbito galego para persoas maiores)

Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento

- Introdución:

O progresivo envellecemento da poboación española, faise cada vez máis evidente na maior parte das Comunidades Autónomas, con porcentaxes de maiores por encima do 15% e que si nos referimos a Galicia -segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), de acordo á revisión do padrón de 1998- atópanse por encima do 19,3% en termos relativos e en máis de 530.000 persoas en termos absolutos, cun índice de envellecemento moi elevado (94,57%) e unha porcentaxe de discapacidades de máis do 30%; o cal vai facer que a sociedade satisfaga as necesidades demandadas por este colectivo, en base a diferentes ámbitos sociais e sanitarios, e onde a innovación tecnolóxica en que estamos inmersos non deba de quedar á marxe.

O colectivo de maiores á vez, presenta unha serie de peculiaridades, tanto referidas aos seus aspectos físicos, como psíquicos, sociais ou funcionais. De todos é coñecido que no proceso de envellecemento vanse a producir unha serie de cambios morfofuncionais que van ir en detrimento da función; así, probablemente unha persoa maior vaise adaptar peor aos avances tecnolóxicos que unha persoa máis nova, que ademais viviunos desde o seu comezo; pero ademais, coa idade vaise perder capacidade de relación co exterior, a vista e o oído disminúen, así coma a capacidade táctil e os sentidos do gusto e do olfato, disminucións todas que potencialmente mermarán a capacidade de aprendizaxe e a iniciativa para incorporarse ás novas tecnoloxías.

Por isto, o Grupo de Investigación de Xerontoloxía (G.I.G.), constituído no Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, en colaboración cun Centro Tecnolóxico, (Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA), unha empresa (EIDOMEDIA) e un grupo de maiores (Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Provincia da Coruña), pretenden iniciar, a través do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, o desenvolvemento dun Portal de Internet, no que os maiores participen activamente na súa construción, á vez que poidan acceder independentemente das súas limitacións, para o cal terase en conta á hora do deseño as súas opinións, as súas carencias e as súas limitacións na percepción do entorno; desmarcándonos neste sentido doutra serie de iniciativas convencionais que desde diferentes Institucións elaboraron dirixidas a este público, sen ter en conta as súas peculiaridades.

Na sociedade actual, na cal a esperanza de vida media acércase aos 80 anos, o concepto de "maior" abarca un número de anos tan amplo, que lonxe de verse como unha etapa pasiva, téñense que buscar fórmulas que faciliten o denominado envellecemento con éxito, ou o que é o mesmo, o incremento da calidade de vida no seu sentido máis amplo, e onde a accesibilidade ás novas tecnoloxías tense que considerar unha ferramenta con gran futuro.

- Obxectivos:

O obxectivo xeral deste proxecto é o incremento da calidade de vida dos maiores mediante o acceso ás novas tecnoloxías perfectamente adaptadas ás súas necesidades e limitacións, para isto temos que partir dunha serie de obxectivos máis específicos, que poderíamos establecer en:

- Coñecer a opinión dos maiores acerca das novas tecnoloxías e concretamente acerca de Internet mediante a elaboración dun cuestionario específico e a posta en marcha dun estudo piloto persoa maior-ordenador.

- Desenvolver e comprobar unha interfaz adaptada ás limitacións sensoriais e físicas causadas polo envellecemento e concretamente adaptada ás modificacións dos sentidos da vista, tacto e oído xeradas polo proceso do envellecemento.

- Avaliar os resultados obtidos tralos estudos piloto realizados a fin de corrixir, caso de producirse, defectos no deseño.

- Facilitar o acceso dos maiores ás novas tecnoloxías da información.

- Aplicabilidade:

A consecución dos obxectivos previstos permitirá que un amplo grupo da poboación, normalmente fóra do entorno dos avances tecnolóxicos, poida acceder a unha maior información, así como participar da súa elaboración, co que na práctica a sociedade verá como unha sociedade envellecida como a nosa enriquécese mantendo aos maiores activos.

- Metodoloxía:

Para o desenvolvemento do presente traballo, deberase traballar cun colectivo de persoas maiores, que constitúa unha mostra representativa da poboación.

1.- Unha vez analizados estes resultados, procederemos ao estudo empírico da utilización da tecnoloxía existente.

2.- Realizarase unha análise conxunta da entrevista e as conductas desenvolvidas no manexo dos diversos portais e páxinas webs xerontolóxicas.

3.- Procederase á descripción das dificultades e problemáticas detectadas na utilización destas tecnoloxías, o que permitirá o deseño futuro dun adecuado portal web xerontolóxico.

- Conclusións:

Unha vez desenvolvido o proxecto, algunhas das conclusións ás que se chegou, despois da realización do traballo de campo, son as seguintes:

- A poboación maior non ten formación nin coñecementos en informática e internet e non se conecta a internet. Existe moita poboación maior que "sabe" o que é un ordenador, algunha vez veu algún, pero nunca os manexou.

- A poboación que afirma ter ordenador na súa casa, téñeno pero non o utilizan, porque pertence aos seus fillos/as ou netos/as, que conviven con eles.

- En moitas ocasións as persoas maiores que acuden a centros educativos a recibir formación en informática, teñen ordenador persoal na casa, pero non se "atreven" a utilizalo sós e ninguén os apoia para facelo (atemorízalles estragar un aparato "tan caro").

- Existe unha gran diferenza se temos en conta o nivel de estudos das persoas maiores e as súa gana de aprender novas cousas, dato que está íntimamente relacionado co nivel cultural. Desde o noso punto de vista unha persoa maior, cun nivel educativo e cultural medio-alto, ten máis gana de aprender que unha persoa cun nivel básico, que son a gran maioría. Por este motivo, cremos que as persoas obxecto ás que nos debemos dirixir, a parte de profesionais e familiares, deben ser as personas maiores cun nivel educativo medio e sobre todo con gana de aprender.

- Existe tamén unha diferenza relativa con respecto ás gana de aprender, entre as persoas de menos de 78 anos e as maiores desta idade. As persoas con máis de 78 anos envelleceron nunha etapa, onde as novas tecnoloxías aínda non se instauraran en toda a sociedade. As persoas menores de 78 anos, están envellecendo e viviron a súa etapa activa, nunha sociedade que xa está en contacto coas novas tecnoloxías (neveras, ordenadores, microondas, etc.).

- En canto á accesibilidade, a gran maioría da mostra non responde ás preguntas, posto que nunca traballaron cun ordenador. Aqueles que contestan, fano de forma afirmativa, case sempre. Algunhas das observacións van dirixidas aos accesorios do ordenador, teclado e rato. Sobre o teclado opinan que éste debería ser máis grande, as teclas deberían estar máis separadas e que as letras deberían ser moito máis grandes (algo lóxico tendo en conta as dificultades visuais deste colectivo). En canto ao rato, a observación máis frecuente é que é de difícil manexo para eles/as.

- En relación aos enlaces, a opinión máis numerosa fai referencia á necesidade de que estes sexan máis intuitivos, sinxelos e que se vexan a simple vista.

- Aos maiores encántanlles as páxinas con imaxes nítidas e de calidade, considéranas moito máis interesantes.

 

 

 

Home

Ir arriba

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. OK
Pode cambiar a configuración ou obter máis información sobre a nosa política de cookies no noso aviso legal