ESTADIAS DE INVESTIGADORES/AS

O Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña (GIG) inclúe entre as súas actividades ser Receptor de Visitantes de acordo aos requirimentos establecidos.

O/a Investigador/a Visitante incorporarase para desenvolver en colaboración con outros membros do Grupo de Investigación en Xerontoloxía algunha ou varias das liñas de investigación que se oferten en cada momento (Ver http://investigacion.udc.es/gl/Research/Details/G00083)

O/a Investigador/a Visitante, ademais de cumprir escrupulosamente as normas establecidas nos espazos de traballo onde desenvolva a súa actividade, así como a gardar a máxima confidencia sobre a información posta á súa disposición, deberá ingresar as taxas vixentes para estadías a través da conta da Universidade da Coruña, sempre con carácter previo á súa chegada.

O Grupo de investigación en Xerontoloxía facilitará ao/á investigador/a:
• Un titor que supervisará o seu traballo
• Acceso aos fondos bibliográficos da UDC
• Un espazo de traballo con ordenador e medios ofimáticos
• Uso razoable de fotocopiadora, consumibles de oficina e impresión
• Certificado de realización de estadía no que conste, tanto a duración desta, coma as actividades realizadas

Este Grupo de Investigación non proverá ningunha forma de acomodación ou asistencia financeira ou sanitaria durante a visita.


• Formulario de estadias:

 

Please send your curriculum vitae (In a .doc or .pdf file of 3Mb maximun)

 

 

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. OK
Pode cambiar a configuración ou obter máis información sobre a nosa política de cookies no noso aviso legal