ALEARN (Active Ageing Learning Community)

Reunión cos socios europeos do proxecto @Learn e entrega de diplomas aos alumnos

O 11 de setembro celebrouse na Facultade de Ciencias da Saúde a última reunión de xestión do proxecto "Active Ageing Learning Community". O Grupo de Investigación en Xerontoloxía da UDC e a Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados (UDP) da Coruña participan neste proxecto xunto con socios procedentes de Alemaña, Bulgaria, Irlanda e Italia. O principal produto desta colaboración é unha plataforma de aprendizaxe online sobre Avellentamento Activo, que inclúe temas de Autoxestión da Saúde, Novas Tecnoloxías para as Redes Sociais e Voluntariado Interxeracional. Durante a reunión, non só se expuxeron os resultados obtidos tras o testeo destes materiais de aprendizaxe senón que tamén se realizou un evento de entrega oficial de diplomas aos alumnos. Os estudantes (novos e maiores) explicaron ao resto de socios a súa experiencia e os beneficios intelectuais e persoais que obtiveron tras finalizar o curso.
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. OK
Pode cambiar a configuración ou obter máis información sobre a nosa política de cookies no noso aviso legal